jueves, 27 de noviembre de 2014

Non son

son coma un peixe camiñando, non sei,
ou coma unha ovella dicindo que teño frío.
son un poeta analfabeto e un intérprete mudo.

síntome árbore en outono cando che miro, e ás veces incluso o son.
mágoa que ti sexas castelo e eu terra ensanguentada.

son un neno cun vestido lila, e unha nena sen bonecas.

sonche a pedra coa sempre te vas tropezar,
sonche a feminazi que che dá noxo.

mágoa de corpos mal aproveitados.