martes, 23 de agosto de 2011

É un día gris, escuro, ante el só hai unha praia case deserta, e máis alá do seu nariz cleopátrico están as vellas montañas da irmán Eire. El atópase agochado entre as pallas, nunha duna calquera, escoitando o mar fundido co  Chop Suey de System of a Down.
De súpeto todo para, o mar picado convértese nun prato, o vento xa non move os rumorosos, e as guitarras rompen contar o chan. Mais el non se inmuta, o seu sorriso non se move, o único que cambiara foran as súas mans.
O día comeza a rebobinar e a súa canción pasa a ser un son satánico. O sol ponse agora polo leste, o mar trae area, as casas desconstrúense aos poucos e el comeza a correr, porque simplemente sente que as súas pernas volveron nacer.
"Pode que só sexa unha rapaza con moito tempo de lecer..."