domingo, 21 de abril de 2013

Fuck the world I am a Panda

Non lembro, pero si esquezo a data de caducidade deste momento.
Esperto pesada, aínda coas sabas do teu soño enroladas no meu tacto.
Subo a persiana a medida que os meus ollos se aproximan a un campo de asteroides.
De repente, tírome neste sofá, que me atrapa. Non podo loitar contra o seu campo gravitatorio.
E como non, penso.
Penso e intento reter palabras soltas no aire.
Choro, acumulando nanopartículas de alcohol puro nos bronquios.
Ríome, gritando fumes negros que ateigan mentes baleiras.

Xa lembro, perdoáchesme, mais sigo sen entender.


"Pode que só sexa unha rapaza con moito tempo de lecer..."