viernes, 20 de mayo de 2011

Infinitamente calculado

Afundímonos nunha lagoa azul,
 mentres, as nosas verbas
 pérdense nas areas dun reloxo.

O patrimonio cultural da miña lingua é incinerado polo tempo,
que acosa como un violador aos meus pensamentos,
demasiado[quizáis neglixentes]
 e pouco misóxinos para eses raposos-ovellas,
infantilmente continuistas...

Mithos que descoñezo,
tan ignorante e pouco afrancesada...
Infel á miña alborada,
perante un número calquera
elevado ao cuadrante da túa pel.

"Pode que só sexa unha rapaza con moito tempo de lecer..."

No hay comentarios:

Publicar un comentario